InicioSociedadeO cura de Momán e Labrada pide que a Igrexa rexeite os...

O cura de Momán e Labrada pide que a Igrexa rexeite os restos de Franco

O sacerdote Rodríguez Patiño advirte á xerarquía eclesiástica que inhumar o ditador na Catedral da Almudena vulneraría o Dereito Canónico

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sobranceiro cura da parroquia de Momán, en Xermade, enviou este martes un escrito ao Bispado de Mondoñedo e mailo Arcebispado de Santiago para pedir que a Igrexa rexeite os restos do ditador Francisco Franco. Luís Ángel Rodríguez Patiño, que oficia asemade en Labrada (Guitiriz) e Xestoso (na provincia da Coruña), indica que sepultar cadáveres nas igrexas entra en conflito co canon 1242 do Código de Dereito Canónico.

Rodríguez Patiño é contrario á xerarquía eclesiástica en temas de alcance, coma o aborto ou a homosexualidade. Nado en 1957, o sacerdote coruñés é coñecido por pedir axuda divina para arranxar as fochancas da estrada entre Momán e As Pontes, ou por pedir a excomuñón do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do expresidente Mariano Rajoy, polos desafiuzamentos e os recortes en sanidade e dependencia.

Nesta ocasión, o cura de Momán solicita á xerarquía católica que impida a inhumación do corpo de Franco na Catedral da Almudena. Interpreta que a sepultura baixo templo só pode contemplarse no caso do pasamento do sumo pontífice, ou dun cardeal ou bispo na igrexa de seu. Responde así ao arcebispo de Madrid, Carlos Osoro, quen declarou que faría “todo o que lle pedira” a familia do autócrata.

O crego coruñés lamenta que o clero vulnere “manifestamente” o cánon “coa súa permisividade ou inacción”. “Nin Francisco Franco, nin José Antonio Primo de Rivera, nin Queipo de Llano, son, ou foron, polo menos de forma pública e notoria, Romano Pontífice, Bispo ou Cardeal”, argumenta Rodríguez Patiño. Se finalmente os restos de Franco saen do Val dos Caídos e son admitidos na Almudena, tratarase en opinión do cura de “unha afronta aos cristiáns”, porque suporía “admitir que os actos criminais do chamado Francisco Franco son aceptados e aplaudidos pola Igrexa católica”.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...