InicioSociedadeGuitiriz presentará batalla para que pase o Camiño do Norte pola localidade

Guitiriz presentará batalla para que pase o Camiño do Norte pola localidade

Presenta probas para o recoñecemento oficial do tramo Vilalba-Betanzos como parte do Camiño do Norte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Guitiriz solicitou o recoñecemento oficial por parte da Xunta do tramo entre Vilalba e Betanzos como parte do Camiño do Norte de Santiago. A reclamación parte dun acordo plenario aprobado na última reunión do consistorio de Guitiriz, que pide a recuperación oficial deste traxecto.

A documentación remitida á Administración galega polo goberno de Guitiriz recolle a investigación realizada polo Grupo de Amigos do Camiño do Norte e a resposta afirmativa do Cabildo da Catedral.

Este órgano determinou que “non cabe dúbida” de que o tramo formaba parte do antigo Camiño Norte, polo que daba o seu visto e prace a conceder a ‘Compostela’ aos peregrinos que realicen esta ruta e cumpran cos requisitos.

Tras esta resposta, segundo explica o Concello de Guitiriz, os oito alcaldes dos concellos polos que pasa este tramo reuníronse a principios de outubro para asinar unha declaración a favor da conservación e sinalización da ruta.

Agora, pretenden que o Goberno galego recoñeza de maneira oficial o traxecto e o incopore mediante un decreto á ruta do Camiño do Norte, tamén coñecido como Camiño Real.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...