Longa cadea humana en Parga pola apertura total do seu centro de saúde

O consultorio só abre os martes e os xoves para extraccións de sangue.

Máis de 500 persoas participaron este sábado nunha cadea humana para reclamar ao Sergas a apertura do centro de saúde da parroquia.

Os participantes estaban unidos entre si mediante lazos, proporcionados pola Comunidade de Montes e Comerciantes de Parga. Segundo denuncian, o consultorio, pechado ao comezo do estado de alarma, unicamente abre os martes e os xoves para extraccións de sangue.

As protestas continuarán o xoves, cando se deplazarán a Lugo para manifestarse a partir das 10,00 horas na zona do Hospital Lucus Augusti.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here