Un incendio destrúe parte dunha vivenda en Guitiriz

Provocou danos materiais no tellado e no piso superior.

ARQUIVO | Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo
Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

Un incendio provocou a pasada noite danos materiais no piso superior dunha vivenda no municipio de Guitiriz, aínda que afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE), as chamas afectaron a un calefactor e ao tiro da cheminea da vivenda, ademais de provocar danos no tellado e no chan de madeira do piso superior.

Nada máis recibir a chamada de aviso, que se produciu ao redor das 22.45 horas, o 112 mobilizou aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e á agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Os servizos de emerxencias lograron evitar que o lume se propagase a toda a casa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here