InicioSucesosDous detidos en Guitiriz por cometer tres roubos con forza e tentar...

Dous detidos en Guitiriz por cometer tres roubos con forza e tentar outro en León

Froito dos labores de investigación postas en marcha puidéronse esclarecer catro delitos contra o patrimonio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous homes con domicilio en Guitiriz como presuntos autores da comisión de tres delitos de roubo con forza e outro en grao de tentativa cometidos en varias localidades da provincia de León.

Segundo informou este venres a Comandancia da Garda Civil de León en nota de prensa, froito dos labores de investigación postas en marcha puidéronse esclarecer catro delitos contra o patrimonio cometidos nun domicilio de Camponaraya, un bar de Cacabelos, unha asesoría de Ponferrada e outro bar de León, así como a recuperación da totalidade das xoias subtraídas no domicilio.

Esta actuación foi levada a cabo pola área de investigación do posto principal de Bembibre (León) en colaboración coa Garda Civil de Lugo, provincia onde se practicaron as dúas detencións.

A dilixencias instruídas e implicados nestes feitos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba (Lugo). EFE

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...