InicioTerra CháCospeitoAparece morto un home de 60 anos atrapado entre dúas plantas da...

Aparece morto un home de 60 anos atrapado entre dúas plantas da súa vivenda en Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un sexagenario veciño do municipio lucense de Cospeito foi localizado na madrugada deste venres sen vida despois de varias semanas sen saber nada del. O home estaba atrapado no chan entre dúas plantas da súa vivenda.

Segundo informou o 112 Galicia, os axentes de seguridade acharon ao falecido no interior da súa vivenda e foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo atrapado entre a primeira planta e o baixo.

Foi un coñecido do home quen se puxo en contacto co 112 Galicia pasadas as 22,00 horas deste xoves para alertar da súa desaparición. Explicou que adoitaba traballar cortando leña para os veciños e que levaban máis de tres semanas sen noticias del.

Por iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou á Garda Civil e consultou cos servizos sanitarios a posibilidade de que fose atendido ou mesmo trasladado a algún centro hospitalario.

Descartada esta opción, relata o 112, os axentes acudiron ao domicilio, situado no lugar da Cal, onde atoparon o corpo sen vida do veciño e nunha posición “de difícil acceso”. Por iso, por parte do 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vilalba para liberar o corpo.

As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso. As mesmas fontes indicaron que a casa se atopaba en estado ruinoso e o piso de madeira que dividía a primeira da segunda planta presentaba “moitas deficiencias”.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...