InicioCulturaDez anos de Festa de Xogos Tradicionais en Muimenta (Cospeito)

Dez anos de Festa de Xogos Tradicionais en Muimenta (Cospeito)

Este sábado terá lugar a décima edición da troula, na que agardan a cincocentos visitantes para promover a cultura popular

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este luns a X Festa de Xogos Tradicionais que organiza a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que terá lugar o 2 de xuño no recinto feira Manuel Vila no Concello de Cospeito, e que contará con máis de 100 xogos. Fíxoo xunto aos membros de Xotramu: Sofía Rodríguez, Xosé Darriba Pérez e Rosa Morán;  que realizaron exhibicións de varios xogos populares. O organismo provincial colabora con Xotramu coa promoción e difusión deste evento cultural e turístico pola provincia de Lugo, no que se esperan uns 500 visitantes.

Vidal Baamonde apuntou que «dende o Goberno da Deputación, colaboramos con este tipo de iniciativas coas que, ademais de ofrecer unha xornada lúdica aos veciños, impulsamos a economía local, xa que se espera que durante a xornada se acheguen preto de medio milleiro de persoas non só do Concello, senón de toda a zona».      

O Deputado subliñou tamén «o grande labor dos membros de Xotramu, que ano a ano traballan arreo para conseguir que centos de persoas se acheguen a Muimenta a participar nestes xogos, cos que se fomenta a identidade propia que temos como país, promovendo e preservando os aspectos máis tradicionais da nosa cultura popular».

Programación

A xornada comezará ás 11:00 horas no recinto feiral Manuel Vila e contará con máis de 100 xogos para todas as idades, repartidos ao longo do día. A mañá, estará dirixida aos nenos dos distintos colexios. Pola tarde, repartiranse premios e faranse varios sorteos. Como peche de festa, Xermán Díaz actuará coa súa Zanfona.

As actividades todas que se levarán a cabo son as seguintes:

– 11: 00 horas: Apertura do recinto feiral.

– 11:30 horas:  Xincana de xogos populares.

– 12:30, 15:30 e 17:30 horas:  Obradoiro de Picaraxadas.

– 15:30 horas: campionato de billarda.

– 15:30 horas: Campionato de Brisca.

– 16:00 horas: Mesa Redonda: A importancia do xogo tradicional na cultura e na educación.

– 16:00 horas: Obradoiro para nenos de creación de animais con materiais naturais.

– 16:30 horas: Taller de Papiroflexía para nenos.

– 17:00 horas: competición de arrebolamento de goxo.

– 18:30 horas: entrega de premios, sorteos e peche de festa coa música de Xermán Díaz.

Xotramu

Asociación de Muimenta que ten como obxectivo a recuperación de xogos tradicionais. Dende o ano 2008, Xotramu organiza a xornada de xogos tradicionais no recinto Manuel Vila do Concello de Cospeito, que conta coa participación de asociacións de toda Galicia, Asturias e Portugal. Unha das metas da asociación é que a Festa de Xogos Tradicionais sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...