O cemiterio de Pino, en Cospeito, contará cun acceso renovado

A Deputación asina un convenio coa Asociación Cultural San Martiño do Pino do Concello de Cospeito para ensanchar o acceso e facer un novo peche

O presidente da Deputación, Darío Campos, asinou un convenio coa Asociación Cultural San Martiño de Pino para arranxar o acceso ao cemiterio da parroquia de Cospeito
O presidente da Deputación, Darío Campos, asinou un convenio coa Asociación Cultural San Martiño de Pino para arranxar o acceso ao cemiterio da parroquia de Cospeito

O camposanto da parroquia de Pino, en Cospeito, presenta evidentes problemas de conexión. Os vehículos deben proceder por unha estrada estreita de máis e apenas poden acceder ao interior do recinto, un contratempo para os coches fúnebres, polas súas dimensións. Por iso, a Deputación de Lugo comprometeuse a financiar a mellora desta infraestrutura.

O goberno provincial asinou un convenio coa Asociación Cultural de San Martiño de Pino para arranxar a entrada e o peche do cemiterio. A obra conta cunha achega de 10.000 euros, tal e como avanzou o presidente da Deputación, Darío Campos. “Con esta actuación damos resposta a unha demanda dos máis de 400 veciños que empregan este acceso ao longo do ano”, explicou.

Campos apuntou que “trátase duns traballos moi necesarios, pois a actual entrada é demasiado estreita e os vehículos teñen dificultades para acceder ao interior do recinto”. Concretamente, aludiu á problemática dos coches fúnebres, “que polas súas dimensións, atopan verdadeiros problemas para maniobrar”.

A intervención principal consistirá no ensanche do acceso. Farase un novo peche, co que facilitar a entrada de vehículos, especialmente cando hai enterros e se produce unha maior aglomeración de coches nas inmediacións do cemiterio. As obras levaranse a cabo nas vindeiras semanas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here