InicioSucesosEvacuada unha persoa ao HULA despois de envorcar co coche en Castro

Evacuada unha persoa ao HULA despois de envorcar co coche en Castro

Un aparatoso accidente deixa unha persoa hospitalizada, que se saíu da vía e terminou por envorcar en Castro, preto do termo municipal de Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un aparatoso accidente deixou unha persoa ferida en Castro. A vítima precisou de ser trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti polo persoal do 061, para recibir asistencia polas feridas sufridas tras envorcar o coche que conducía.

A persoa involucrada circulaba pola estrada provincial CP-1611, a circunvalación que atravesa Castro no límite co termo municipal de Cospeito, e por desgraza saíu da vía no punto quilométrico 86, ao paso pola parroquia de Bendia, no lugar de Vilariño.

Foi ás 11.49 horas, segundo a consulta da axencia Efe ao Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (CIAE) do 112, e o vehículo terminou por envorcar como consecuencia da manobra.

Mercé á chegada dos servizos de emerxencia, a vítima do accidente puido recibir primeiros auxilios no mesmo lugar, antes de ser evacuada na ambulancia medicalizada. O persoal sanitario do centro de saúde de Castro acompañou á persoa ferida ao HULA.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...