Atropelada unha muller en Castro de Ribeiras de Lea

A muller resultou atropelada por un particular canda a carballeira onde se celebra a tradicional feira de Castro

Cuberta para a feira de Castro de Ribeiras de Lea | Concello de Castro de Rei
Cuberta para a feira de Castro de Ribeiras de Lea | Concello de Castro de Rei

Unha muller resultou ferida na mañá deste mércores en Castro de Ribeiras de Lea, no termo municipal chairego de Castro de Rei. Un particular deu aviso dun atropelo canda a carballeira na que se celebra a tradicional feira da parroquia.

Logo do aviso, a central do 112 reclamou a presenza dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba. O estado de saúde da persoa atendida non trascendeu.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here