InicioSociedadeAlumnos da USC realizarán prácticas na Granxa Experimental de Leite a partir...

Alumnos da USC realizarán prácticas na Granxa Experimental de Leite a partir do vindeiro curso

Estas instalacións, que forman parte da Granxa Gayoso Castro e que xa están case rematadas, pretenden favorecer o benestar animal, reducir custos e aumentar o valor do produto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou hoxe, tras a reunión da comisión de seguimento do convenio subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), que a Granxa Experimental de Leite que está a construír a institución provincial en Castro de Ribeiras de Lea estará lista para que os alumnos realicen as primeiras prácticas o próximo curso.

Este centro, situado en terreos da Granxa Provincial Gayoso Castro, permitirá que os alumnos da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo poidan realizar as súas prácticas universitarias nunha explotación gandeira real.

Tomé explicou que as obras entraron xa na recta final e agora mesmo a institución ten en fase de licitación, por un importe de 180.000 euros, a pavimentación da chaira de acceso ás instalacións da granxa, unha mellora incorporada polo goberno provincial ao proxecto inicial.

O presidente da Deputación, que visitou as instalacións acompañado pola vicerreitora de coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, afirmou que estas instalacións contribuirán a unha maior rendibilidade e sostibilidade das explotacións lucenses, ademais de colaborar a que “aumente o valor do produto, a reducir custos de produción e a favorecer o benestar animal”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...