InicioSociedadeA Deputación reconstrúe a ponte sobre o río Miño en Castro de...

A Deputación reconstrúe a ponte sobre o río Miño en Castro de Rei

Facilitaranse desvíos alternativos mentres non rematen os traballos na LU-P-1104.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo  reconstruirán a ponte sobre o río Miño que se encontra na estrada provincial LU-P-1104, en Castro de Rei. Para tal actuación, o ente provincial destina 50.000 euros.

Os traballos, que comezaron este luns, obrigan a cortar esta ponte ao tránsito de vehículos durante o tempo que duren as obras.

A Deputación terá debidamente sinalizados desvíos alternativos en diferentes lugares para minimizar os prexuízos aos usuarios desta vía, que comunica Cubelo co núcleo de Momán. Así, facilitarase a circulación pola estrada LU-113, nos puntos quilométricos 9,1 e 16,5; tamén na LU-113, no quilómetro; pola LU-P-1611 e ademais pola LU-120.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...