InicioSucesosFalece o condutor do turismo que colisionou contra un camión en Begonte

Falece o condutor do turismo que colisionou contra un camión en Begonte

A colisión dun camión e un turismo rexistrada no termo municipal de Begonte provocou a morte de J.O.S., un home de 58 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home perdeu a vida a consecuencia da colisión entre o turismo que conducía e un camión na estrada que conecta Rábade e Vilalba. O suceso produciuse no termo municipal de Begonte, á altura de Ladra, contra as 12.55 horas, cando o vehículo de menor identidade atravesou a separación entre os dos carrís.

A Garda Civil de Lugo informou de que o accidente rexistrado no quilómetro 10 da LU-541  implicou a dúas persoas. A primeira, que conducía un turismo, faleceu no lugar e tivo que ser excarcerada. Mellor sorte tivo o condutor do camión, que pediu a alta voluntaria ás asistencias sanitarias.

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que intervir para sacar do vehículo a J.O.S., varón de 58 anos de idade que perdeu a vida no impacto. Ata Begonte foron desprazados un equipo sanitario de Atención Primaria e a ambulancia asistencial do 061, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...