InicioSociedadeReaberto o tráfico na ponte de Uriz, en Begonte, logo do afundimento...

Reaberto o tráfico na ponte de Uriz, en Begonte, logo do afundimento do firme

A Deputación rematou as obras en tres días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo reabriu este mércores a circulación na ponte de Uriz, en Begonte, logo do afundimento do firme. O tráfico quedara restrinxido o pasado luns 14. Unha semana máis tarde, o ente provincial poñíase mans á obra para arranxar a vía, unhas actuacións que remataron en tres días.

Os traballos na LU-P-15101 arrancaron o luns e concluíron na tarde de onte. Consistiron no baleirado e rexeneración con formigón na parte da calzada que se afundira. Así mesmo, o firme foi reconstruído posteriormente con aglomerado. Estímase que esta intervención suporá un custo de 10.000 euros.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...