InicioSucesosTres feridos nun accidente de tráfico en Trobo (Begonte)

Tres feridos nun accidente de tráfico en Trobo (Begonte)

O aviso realizouse ás 10.00 horas e foi precisa a intervención do GES de Guitiriz e os bombeiros de Vilalba ante o aviso de que había unha persoa atrapada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como resultado do choque de dous vehículos, tres persoas resultaron feridas na estrada de Trobo, na parroquia de Begonte, en dirección Cospeito. A Atención de Emerxencias 112 recibiu aviso ás 10.00 horas e reclamou a presenza dos servizos sanitarios no lugar do suceso.

Tamén acudiron os bombeiros de Vilalba e o Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Guitiriz ante a información de que había un ferido atrapado nun dos automóbiles.

Finalmente descartouse o emprego de material de excarceración, aínda que foi precisa a asistencia dos bombeiros para axudar á evacuación dunha das persoas afectadas, pois o vehículo bateu contra un muro e resultaba imposible abrir as portas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...