InicioSociedadeAlerta por risco de inundación do río Labrada ao paso por Abadín

Alerta por risco de inundación do río Labrada ao paso por Abadín

A Dirección Xeral de Emerxencias insta a adoptar as medidas preventivas en previsión da suba do caudal do río Labrada no termo municipal de Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil informou esta mañá de que o umbral de prealerta situouse en nivel laranxa na canle do río Labrada, á altura de Fraga, no termo municipal de Abadín.

Segundo a mesma fonte, ás 11.00 horas deste venres, valor do caudal do Labrada situábase nos 3,42 metros, por riba do umbral de alerta de 3,25, con tendencia de suba.

En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias insta a adoptar as medidas preventivas necesarias, e a alertar ou mobilizar os medios e recursos dispoñibles.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...