InicioEconomíaComeza a construción do parque eólico "de especial interese" da Pastoriza

Comeza a construción do parque eólico “de especial interese” da Pastoriza

Naturgy investirá 43 millóns de euros no parque eólico da Pastoriza-Rodeiro, con capacidade para abastecer 60.000 fogares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto de Naturgy na Pastoriza-Rodeiro colle forma co inicio da instalación dos catorce aeroxeradores que conformarán o parque eólico, declarado de especial interese pola Xunta de Galicia. Asociado á última subasta do Goberno, o complexo producirá o equivalente anual do conxumo de 60.000 fogares.

O parque eólico da Pastoriza-Rodeiro forma parte dun conxunto que aproveita as facilidades da criticada Lei de Implantación Empresarial, e que incrementará o número de instalacións desta clase en Galicia ata case duascentas. Neste caso, suporá un investimento de 43 millóns de euros para unha potencia total de 48,5 MW.

Os traballos xa iniciados comprenden o trazado da cimentación, instalacións auxiliares, desbroce e acondicionamento dos camiños de acceso, así como a implantación de medidas de vixilancia arqueolóxica e medioambiental. “O parque eólico instalarase nunha zona rural, dando novo uso ao territorio perfectamente compatible co agro e a gandería”, declarou María Landeira, responsable de desenvolvemento de Naturgy en Galicia.

Nas distintas fases de construción, Pastoriza-Rodeiro xerará 340 postos de traballo. Durante a mesma, realizarase un seguimento continuo do cumprimento da Declaración de Impacto Ambiental en canto a vexetación, fauna, atmosfera, hidroloxía, e bens patrimoniais. As superficies afectadas serán revexetadas, e realizarase un seguimento medioambiental periódico durante a vida do parque eólico.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...