InicioSociedadeAberto o prazo de reserva no Punto de Atención á Infancia da...

Aberto o prazo de reserva no Punto de Atención á Infancia da Pastoriza

Vinte prazas para nenos entre tres meses e tres anos estarán dispoñibles no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Pastoriza no curso que vén

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vanesa G. Lourido | O concello da Pastoriza abriu o prazo para que as familias das nenas e nenos matriculados no Punto de Atención á Infancia reserven a súa praza de cara ao vindeiro curso. Os interesados terán á súa disposición no propio centro o formulario de solicitude, que deberán entregar no rexistro municipal ata o vindeiro 31 de maio, data límite para formalizar a reserva.

O PAI da Pastoriza, que ofrece un total de vinte prazas, atende este curso a 16 nenos e nenas de distintas localidades do municipio con idades entre tres meses e tres anos, prestando un servizo de apoio asistencial e educativo ás familias do municipio.

Unha vez completados os trámites de reserva para os matriculados, que so teñen que confirmar ou, no seu caso, notificar cambios na súa situación económica , o centro, xestionado directamente polo concello, abriráse unha nova quenda de inscricións para que outras familias do municipio poidan solicitar unha praza.

O PAI pastoricence está atendido por dúas educadoras e está ubicado na zona posterior do consistorio, nun edificio inaugurado no 2013 despois de que o concello construira un novo emprazamento. O centro permanece aberto desde ás 8:30 ata as 16:30 e ofrece tamén servizo de comida aos usuarios.

A rede de Puntos de Atención á Infancia concibiuse como unha alternativa para a atención á primeira infancia e a conciliación da vida laboral e familiar nos concellos que, polas súas condicións demográficas, non contan con escolas infantís.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...