InicioDeportesO Volante Deputación formará na Pastoriza a 185 aspirantes a piloto de...

O Volante Deputación formará na Pastoriza a 185 aspirantes a piloto de rally

A iniciativa, que organizan goberno provincial, Concello e Escola PTC, permitirá ao condutor máis rápido participar no Rally San Froilán

PUBLICADA O

- Advertisement -

RAMÓN GONZÁLEZ REY | O Volante Deputación cumprirá o 15 e 16 de setembro a súa sétima edición. A actividade, que organizan o Concello da Pastoriza e a Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución (PTC) en colaboración co goberno provincial, formará de balde a un máximo de 185 persoas.

A iniciativa conta con dúas fases. A primeira será de formación, cun curso de técnicas de condución seguras e de competición. Ao concluír esta primeira etapa seleccionaranse 14 pilotos a través dunha proba cronometrada. Haberá de novo outra criba a tres condutores, e o máis rápido de todos eles poderá participar -ao volante dun Suzuki Swift Copa- na 40 edición do Rally San Froilán, que se celebrará entre o 27 e o 28 de outubro.

Poden anotarse na actividade todos os cidadáns da provincia que teñan idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Ademais, deben cumprir o requisito de non ter participado en ningún tipo de competición automobilística nos últimos cinco anos. Os interesados teñen a posibilidade de inscribirse en www.ptcescuela.com, no Facebook do centro ou no correo electrónico piloto@ptcescuela.com.

O deputado de deportes, Pablo Rivera Capón; o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias; a tenente de alcalde, Elba Carrera e o director da Escola PTC, Antonio Solórzano, presentaron a iniciativa, posta en marcha no 2012 e que brindou xa a oportunidade a seis lucenses de correr o seu primeiro rally.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...