InicioEconomíaA Deputación arranxa un importante vial para a gandería da Pastoriza

A Deputación arranxa un importante vial para a gandería da Pastoriza

O presidente da Deputación e o alcalde da Pastoriza supervisaron a primeira fase de reparación dun treito que soporta tráfico pesado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ultima a primeira fase de mellora do vial entre Marco de Álvare e Caínzos, na Pastoriza. Estas obras contan cun investimento de 80.000 euros para o acondicionamento entre os quilómetros 0 e 2 da LU-044-060, treito que visitaron o presidente do ente provincial, Darío Campos, e mailo rexedor local, Primitivo Iglesias. O reforzo da estrada obedece ao tráfico de maquinaria pesada por mor das explotacións gandeiras da contorna.

Concretamente, o treito en reparación vencella as estradas LU-P-5501 e LU-P-4404. As melloras consisten no aglomerado en quente e o incremento da sinalización. A vía soporta a maior carga de transporte pesado do Concello, pois hai 25 explotacións gandeiras con máis de 2.500 cabezas de gando. Os traballos executaranse nestes días.

O presidente da Deputación recalcou que o acondicionamento da estrada resposta á demanda veciñal. A medida aspira non só ao arranxo da infraestrutura deteriorada, tamén a facilitar a fixación de poboación no rural lucense, en especial en Álvare, un núcleo de poboación caracterizado pola actividade gandeira.

Pola súa banda, o alcalde da Pastoriza agradeceu o investimento realizado pola institución provincial, e avanzou que a derradeira fase de rehabilitación recorrerá á liña de financiamento do Plan Único da Deputación 2018. “Serán preto de 45.000 euros os que se investiran para rematar esta estrada desde O Fontao [parroquia de Álvare] aos Caínzos [parroquia da Aguarda], dando por finalizado o acondicionamento deste vial”.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...