InicioCulturaXermade acollerá do 16 ao 18 de setembro o encontro 'Torneiros dá...

Xermade acollerá do 16 ao 18 de setembro o encontro ‘Torneiros dá Madeira’

Os días 16 e 17 de agosto Monterroso será sede dun festival de danza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio de Xermade acollerá do 16 ao 18 de setembro o encontro ‘Torneiros da Madeira’, con apoio da Deputación de Lugo, que tamén apoia a celebración os días 15 e 17 de agosto do Festival Internacional de Danza de Monterroso.

No primeiro caso, a institución provincial colabora coa 22 edición deste encontro de ‘torneiros’, “que pon de relevo a importancia do sector da madeira na provincia e a necesidade de darlle valor engadido coa súa transformación”.

Así o apuntaron o deputado de Recursos Sustentables, Roberto Fernández, e o alcalde de Xermade, Roberto García, na presentación deste evento, xunto á directora da Fundación Centro Galego de Artesanía e de Deseño, Elena Fabeiro, e o presidente da Asociación Amigos da Madeira, Alfonso Franco.

Por outra banda, a Deputación de Lugo colabora coa 36 edición do Festival Internacional de Danza, que regresará o 16 e 17 de agosto en Monterreso. A deputada Ana González presentou, xunto á asociación organizadora, Falcatrueiros, esta nova edición que contará con agrupacións de Senegal, Costa Rica e a formación de danza local.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...