InicioTerra CháCospeitoMuimenta acolle un curso para aprender a facer filloas

Muimenta acolle un curso para aprender a facer filloas

Terá lugar o 13 de novembro e é de acceso libre con inscrición previa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Muimenta recupera unha das súas tradicionais citas festivas, desta vez no outono. O vindeiro 13 de novembro, o recinto feiral Manuel Vila López acollerá un curso de facer filloas, dedicado tanto aos que pretendan perfeccionarse neste prato típico da gastronomía galega como aos cociñeiros máis inexpertos que queiran comezar a probar sorte cos fogóns. 

O acto correrá ao cargo da MOEXMU e só ten un requerimento para os que queiran sumarse: pedir cita previa na Mercería Teresa de Muimenta ou chamar directamente á asociación, que atende ao teléfono 982504002. Tamén achegan un correo electrónico para contactar con eles: moexmu@gmail.com.

O curso dará comezo ás 15:30 no amentado recinto, para o cal a organización contará coas filloeiras e filloeiros habituais das Festas de Interese Turístico. Todo pensando na gran cita do 1 de maio coa XXXI Festa da Filloa de Muimenta, na que os participantes deste curso poderán poñer a proba o aprendido logo de todo un inverno para practicar.

ÚLTIMAS

A Plataforma Ulloa Viva constata en Bruxelas que España non solicitou fondos europeos para a fábrica de Altri

A Plataforma Ulloa Viva concluíu a súa visita a Bruxelas para alertar dos impactos...

A Deputación dotará a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas a través do proxecto Impulsa TIC

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou na Fonsagrada o inicio do...

O BNG promove unha campaña para demandar ao Goberno melloras nas infraestruturas viarias de Lugo

O BNG de Lugo iniciou unha nova campaña para reclamar o arranxo das estradas...

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...