InicioPolíticaMuras denuncia o agravio comparativo no investimento da Deputación

Muras denuncia o agravio comparativo no investimento da Deputación

O rexedor murense, Manuel Requeixo, reuniuse co presidente da Deputación para trasladar a inquedanza por tres anos sen investimento nas vías proviciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres anos sen investimento nas estradas provinciais no termo municipal de Muras. Esta circunstancia é cualificada polo Bloque Nacionalista Galego, que goberna no concello, coma un agravio comparativo. Así llo trasladou o alcalde Manuel Requeixo ao presidente da Deputación, Darío Campos, en compañía do deputado nacionalista Antonio Veiga.

Para o executivo local de Muras, a autoridade provincial debe solucionar de xeito urxente a débeda que mantén coa localidade dende comezo de mandato. “Os investimentos en infraestruturas foron practicamente inexistentes”, censuran dende o BNG. A formación pide á Deputación que realice obras urxentes para o mantemento e a mellora das vías da rede provincial.

Dende o Bloque sinalan que “estradas tan importantes” coma as que conectan o centro de Muras ou en dirección a Viveiro “están necesitadas dun arranxo”. De tardar en realizarse a rehabilitación, advirten, o custe será cada vez maior. A solicitude chega apenas medio ano despois da última reclamación realizada polo alcalde Manuel Requeixo, que consideraba xa entón “lamentable” a situación das vías da parte norte e leste do concello.

Así, expoñen que existen investimentos comprometidos dende o 2015 sen que aínda fosen executados, e cren “de xustiza” que a Deputación adique a este concello “unha partida importante” dentro do plan de estradas provinciais “para acometer todas as tarefas pendentes”.

Estas demandas trasladadas polos emisarios do BNG á máxima autoridade da provincia de Lugo “respostan a unha necesidade social clara” e a “unha cuestión de equidade e xustiza” no reparto de fondos. “En Muras pagan os seus impostos igual ca em calquera outro municipio”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...