InicioSucesosUn incedio calcina vehículos e maquinaria agrícola na Pastoriza

Un incedio calcina vehículos e maquinaria agrícola na Pastoriza

Este incendio engádese a outros acontecidos en espazo de pouco máis dun ano no lugar de Bretoña, na Pastoriza, e que queimaron unha nave e unha palleira

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha cisterna, dous remolques, unha grade, unha segadora, dous tractores e unha rotativa arrastrada resultaron afectadas por un incendio orixinado nun tractor parado a carón dunha nave situada no lugar de Bretoña, na Pastoriza.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 1.18 horas deste venres mediante a chamada de alerta dun veciño, que solicitaba medios para a extinción dun lume orixinado fóra dunha nave destinada ao almacenamento de maquinaria agrícola.

Así, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Vilalba, que traballaron na extinción do incendio ata as catro da madrugada, xunto cos voluntarios de Protección Civil de Meira.

Finalmente, as lapas devoraron por completo os tractores e causaron importantes danos no resto da maquinaria agrícola que se atopaba no exterior da nave. Por fortuna, ninguén resultou afectado.

Este suceso engádese aos incendios que xa ocasionaron importantes danos na Pastoriza, precisamente no lugar da Bretoña, en xuño de 2017, cando ardeu un palleiro e máis un tractor; e en marzo deste ano, cando a combustión dun tractor acabou coa máquina e queimou parte da nave anexa.

Outro incendio, en Guitiriz

Rematada a intervención no incendio da Pastoriza, os Bombeiros de Vilalba acudiron a outro lume iniciado no garaxe dunha vivenda en Guitiriz. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio produciuse pasadas as catro da madrugada no lugar da Paderna, resultando calcinada a cocheira con afectación na fachada da casa. A maiores, o intenso fume provocado polo incendio alcanzou a dúas habitacións que daban a esa parte da casa, o que obrigou aos bombeiros a ventilar o interior.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...