InicioMedioambiente e PatrimonioO espazo protexido da Terra Chá, en perigo pola construción dunha liña...

O espazo protexido da Terra Chá, en perigo pola construción dunha liña de alta tensión

O proxecto ameazaría un bosque autóctono "de grande diversidade" e varios bens de interese patrimonial, segundo unha asociación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“S.O.S.” por Outeiro de Rei. A plataforma Salvemos Catasós vén de lanzar unha advertencia sobre o coñecido como “Complexo Húmido da Terra Chá”, un espazo natural protexido que podería estar en perigo pola construción dunha liña de alta tensión. Segundo destacan dende a plataforma, a “inminente aprobación” do proxecto para levantar a estrutura, pertencente ó parque eólico Cordal-Ousá, atravesaría o espazo protexido causando gran dano á zona.

O espazo, protecido como parte da Rede Natura 2000 Parga-Ladra-Támoga, non sería a única área de valor damnificada polo proxecto. Segundo denuncian dende a plataforma, a construción da liña de alta tensión podería supoñer un “deteriorio” da contorna de “áreas de especial interese paisaxístico como o é a área recreativa Penas de Rodas”. O dano do proxecto implicaría tamén a dimensión cultural, xa que implicaría a invasión de fincas “con vivendas e bens de especial interese Patrimonial”.

Estes bens, “que forman parte do conxunto histórico artístico do Concello”, resultaría danados á par de espazos de bosque autóctono dos que a plataforma ensalza a súa “valía natural”. Segundo explican, trátanse de áreas “cunha gran biodiversidade e que día tras día se van degradando pola falta de protección medioambiental, pola falta dunha política forestal rica e diversa, pola especulación do monte, polos incendios reiterados e pola desidia das Administracións reinantes”.

CRÍTICAS Ó CONCELLO

“Ata cando imos tolerar a destrucción da nosa contorna?”, pregúntanse nun comunicado no que cargan contra o Concello. “Non deberan ser estes os espazos a protexer? A que agarda a Administración Local para interceder pola defensa dos valores inmateriais? Poñer carteis co eslogan <<as árbores son vida, tenlles cariño>> non basta, máis ben é publicidade engañosa se á hora da verdade se mira para outro lado”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...