Extinguido o incendio de Begonte tras queimar case 20 hectáreas

Un incendio forestal / EFE

O incendio rexistrado este domingo no municipio lucense de Begonte, e que permanecía activo, quedou extinguido sobre as 5,55 horas da madrugada deste luns.

Este era o último incendio de grandes dimensións que permanecía activo na comunidade, despois de que este fin de semana houbera ata sete grandes focos que deixaron unha superficie dunhas 700 hectáreas queimadas, segundo as primeiras estimacións.

Segundo a información da Consellería do Medio Rural, o lume, iniciado na parroquia de Castro, afectou finalmente a unhas 18 hectáreas de terreo, todas elas de arboledo. Na súa extinción participaron un técnico, sete axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e dous avións.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here