Concellos da Terra Chá, preocupados polos postos de traballo da térmica de Endesa

Protesta #ApagaOCarbón na central de Endesa nas Pontes | Greenpeace Galicia
Protesta #ApagaOCarbón na central de Endesa nas Pontes | Greenpeace Galicia

Catorce concellos de Ferrolterra e Terra Chá reuníronse este xoves nas Pontes, respondendo á convocatoria realizada polo seu alcalde, Valentín González Formoso, para mostrar a súa preocupación polos 900 postos de traballo directos e indirectos que están actualmente en perigo pola inactividade desde hai dous meses na central térmica de Endesa nesta localidade, debido ao elevado prezo dos dereitos de emisión do CO2.

Nesta reunión houbo representación dos concellos de Ferrol, Fene, Narón, Neda, A Capela, San Sadurniño, Valdoviño, Ortigueira, As Somozas, Cospeito, Vilalba, Xermade, Guitiriz e Lugo, contando cos seus alcaldes ou integrantes dos equipos de goberno, que acordaron solicitar ao goberno central e á Unión Europea o “fin da especulación” no mercado destes fondos verdes.

Máis información en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here