InicioSociedadePremio ao mellor pastor eléctrico de Galicia

Premio ao mellor pastor eléctrico de Galicia

O galardoado foi Amaro López Rivero, un veciño de Baleira que xestiona 36 hectáreas de pradeiras e terreos de monte para alimentar a 38 vacas e 5 cabalos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O premio ION-SGPF ao mellor peche eléctrico do 2018 entregarase este venres 28 de xuño, ás 21:00 na Casa da Cultura do Concello da Pastoriza.

Esta nova convocatoria retoma o espírito de antigas edicións na procura dunha mellor xestión das superficies forraxeiras grazas ao emprego de peches electrificados, hoxe en día a mellor ferramenta de gandeiros e gandeiras para a xestión do pastoreo do gando. A empresa luguesa ION, fundada por Daniel López González leva décadas adicada á fabricación de pastores eléctricos e material para realizar peches electrificados e pretende deste xeito fomentar o bo uso destas ferramentas indispensables para o manexo do gando.

O premiado nesta convocatoria 2018 foi Amaro López Rivero, veciño da parroquia de Córneas, no concello lugués de Baleira. “Dende a SGPF queremos destacar o labor deste gandeiro de vacún de carne en extensivo que xestiona 36 hectáreas de pradeiras e terreos de monte para alimentar a 38 vacas e 5 cabalos”, contan na empresa.

O seu traballo na recuperación de terreos pobres, co manexo do gando e a presión do pastoreo grazas ao correcto emprego de peches electrificados foi “un exemplo” na súa contorna para mostrar o que se pode facer para transformar as superficies abandonadas en prados e pradeiras. A gandería está integrada exclusivamente con gando da raza Vianesa e conta con máis de 13 km de peches.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...