InicioAncaresDesarticulado en Becerreá un punto de venda móbil de drogas a...

Desarticulado en Becerreá un punto de venda móbil de drogas a menores

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Becerreá a un veciño de Samos (Lugo) de 29 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas polo miúdo e desarticulou un "punto de venda móbil".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Becerreá a un veciño de Samos (Lugo) de 29 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas polo miúdo e desarticulou un “punto de venda móbil”.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar cando unha patrulla observou como o detido realizaba unha transacción a un terceiro dunha substancia, supostamente haxix, a cambio dunha determinada cantidade de diñeiro en metálico.

Con esta detención a Benemérita resalta que “se desarticula un punto de venda móbil dedicada polo miúdo de drogas na localidade de Becerreá”.

A persoa detida actuaba a plena luz do día e nas inmediacións dun coñecido local de lecer da localidade becerrense, “onde concertaba a venda das substancias a menores da localidade e limítrofes”, detallaron as mesmas fontes.

A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de Becerreá.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...