Unha colisión deixa varios feridos en Outeiro de Rei

Accidente mortal en Begonte | CRTVG
Accidente | CRTVG

Sobre as 8,50 horas deste mércores ocorreu unha colisión múltiple en Penelas, no concello lucense de Outeiro de Rei. Por iso foron mobilizadas dúas ambulancias do 061 e o equipo sanitario de Atención Primaria da localidade.

Unha das persoas feridas foi trasladada polo 061 ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes e a outra ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here