InicioLugo e contornaLugoDetido por roubarlle o bolso a unha muller de 84 anos

Detido por roubarlle o bolso a unha muller de 84 anos

A muller caíu e tivo que precisar asistencia médica ao sangrar profusamente polo nariz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo na tarde do sábado día 9 a un individuo por un delito de roubo con violencia, cometido mediante o método do tirón sobre unha muller de 84 anos á que subtraeu o bolso en Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, o sábado pola tarde cando paseaba pola Avenida da Coruña, a muller notou “un forte tirón no bolso”, tras o que caeu ao chan e viu como un individuo corría con el na man.

Un mozo que viu o sucedido saíu en persecución do ladrón, a quen alcanzou e retivo ata a chegada do equipo de radio patrulla da Policía Nacional, que o detivo. A vítima, que presentaba unha ferida no nariz pola que sangraba, foi atendida nun centro médico próximo, concretou a Policía Nacional.

O individuo detido en relación con estes feitos, de 48 anos de idade e con antecedentes penais, pasou a disposición xudicial o domingo día 10. A intervención levou a cabo por un equipo de Radio Patrullas da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...