InicioLugo e contornaUn policía aporreado tras mediar nunha pelexa en plena rúa

Un policía aporreado tras mediar nunha pelexa en plena rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo na mañá do martes a un individuo de 37 anos de idade e con antecedentes penais que chegou a lanzar un lapote a un axente que intermediara para separalo doutro co que se pelexaba en plena rúa en Lugo, polo que se lle imputa un delito de desobediencia e resistencia.

Sobre as 12,30 horas da mañá do martes, un equipo policial de Seguridade Cidadá patrullaba pola cidade e presenciou a pelexa de dúas persoas, á saída dun local de lecer, en plena rúa.

Os axentes intercedieron para separalos, pero uno dos implicados lanzou un lapote a un dos policías e tentou seguir coa disputa, polo que tivo que ser retido. “Nun estado de agresividade que cada vez ía a máis, chegou mesmo a ameazar de morte ao outro home”, afirma a Policía nun comunicado no que informa da súa detención. No seu traslado, pateou desde o interior a porta do vehículo de radio patrullas, causando danos no mesmo.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...