Imputado por causar un incendio en Guitiriz tras queimar restos agrícolas

. Algúns destas fogueiras acaban en incendios forestais / Xunta

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo esclareceron un incendio forestal no municipio de Guitiriz polo que foi investigado un home.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, os axentes tomaron declaración a un home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 15 de febreiro na parroquia de Negradas.

O lume, que afectou a unha superficie rasa de 0,28 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos agrícolas, “realizada sen gardar as debidas medidas de precaución”, indican as mesmas fontes, o que levou á propagación a un monte veciñal.

As dilixencias instruídas en relación con este incendio forestal foron remitidas ao xulgado de Instrución de garda da localidade luguesa de Vilalba. No que vai de ano un total de dez persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here