Reaberta a circulación na A-6 entre O Corgo e Pedrafita

Tráfico prohibira a circulación na autoestrada A-6 en sentido decrecente entre Pedrafita do Cebreiro e a parroquia de Gomeán (O Corgo)

A-6 cortada por neve á altura de Pedrafita do Cebreiro | DXT
A-6 cortada por neve á altura de Pedrafita do Cebreiro | DXT

Despois de case unha hora coa circulación pechada, a Dirección Xeral de Tráfico informa de que a leve mellora na meteoroloxía permite retomar a circulación na autoestrada A-6 en sentido decrecente, entre Pedrafita do Cebreiro e O Corgo. A prohibición seguiu vixente para camións e vehículos articulados ata pasadas a unha e media da tarde.

O mesmo aconteceu na A-6 entre a capital lucense e Guitiriz, onde estaba prohibido o paso de autobuses, camións e vehículos articulados.

En total, as limitacións afectaron a máis de cen quilómetros de autoestrada. Nestes momentos, os únicos cortes totais son os da LU-P-6511 e LU-P-6519 en Vilalba e Santalla (tamén na capital comarcal), por inundacións.

Complicacións nas estradas en dezanove concellos da provincia

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here