InicioSucesosEvacuados tres membros da mesma familia intoxicados por gases en Lugo

Evacuados tres membros da mesma familia intoxicados por gases en Lugo

Os servizos sanitarios evacuaron a un pai e dous cativos no lugar de Bóveda, en Lugo, con síntomas de intoxicación por inhalación de gas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios trasladaron na madrugada deste venres a un adulto e dous menores, que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de gas, no lugar de Bóveda, en Lugo.

Tras facer algunhas averiguacións, os axentes da Policía Nacional apuntan á posta en funcionamento dunha cociña de leña que levaba tempo en desuso como orixe da fuga.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse na parroquia lucense de Santa María, pouco antes das cinco desta madrugada. De inmediato, unha UVI do 061-Urxencias Sanitarias acudiu ao número dous do núcleo de Bóveda, en Farxocos, para atender a un pai e dous cativos mareados e con diversos síntomas dunha posible intoxicación.

Desde a central do 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Policía Nacional, que comprobaron que a vivenda estaba debidamente ventilada e sen risco. Iso si, sinalaron como posible causa da fuga unha cociña de leña, que trala súa nova posta en funcionamento, puido ocasionar o escape de gases.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...