InicioSucesosDenunciado tres veces por negarse a identificar, non ter seguro e romper...

Denunciado tres veces por negarse a identificar, non ter seguro e romper a multa diante dos axentes

O home dixo que non tiña papeis porque "chegara en patera".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor que circulaba por Lugo sen un carné habilitante para conducir en España, ademais non ter seguro nin pasar a ITV. Igualmente, negouse a identificarse e rompeu ante os axentes a multa que lle deron.

Nun comunicado, a Policía Local sinala que sorprenderon de madrugada a esta furgoneta que circulaba pola Rúa das Fontes. Ao darlle o alto, o home negouse a identificarse, pois manifestou que chegou a España en patera e non contaba con documento identificativo.

Tras iso, deuse á fuga, aínda que foi localizado uns minutos máis tarde. O home presenta un permiso de conducir de Marrocos, o cal non lle habilita para conducir no Estado español, xa que excedeu o prazo regulamentario para realizar o cambio correspondente polo permiso, polo cal se procedeu a formular denuncia contra el, ademais de por non contar con ITV e seguro.

Así mesmo, o individuo tamén foi denunciado por unha infracción da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida popularmente como a ‘lei mordaza’, pola negativa a identificarse e desobediencia aos axentes da autoridade, e logo por outra á Ordenanza de Protección Ambiental, posto que, cando os axentes lle fixeron entrega da documentación sancionadora, o home “rompeuna, lanzando os fragmentos ao chan, a pesar das advertencias dos policías para que non o fixese”.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...