InicioSucesosDeteñen a un home en Lugo tras agredir a outro por "discrepancias"...

Deteñen a un home en Lugo tras agredir a outro por “discrepancias” no pago do aluguer dunha habitación

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 47 anos foi detido en Lugo tras agredir a outro por “discrepancias” no pago do aluguer dunha habitación, segundo informou a Policía Local de Lugo.

Ao redor das 16,10 horas do 8 de agosto, detallan, unha patrulla da Unidade territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é requirida pola Sala do 092 para que acuda a unha vivenda da rúa Miguel de Cervantes, onde ao parecer produciuse unha agresión.

Ao chegar ao lugar, os axentes atopáronse cun home coa cara “totalmente ensanguentada” que lles explicou que outro home, ao que alugaba unha habitación, agredirao varias veces con puños e golpes cunha barra de madeira, por “discrepancias” sobre a cantidade que o arrendador debía devolver.

No comunicado destacan que as lesións foron bastante graves, xa que o equipo médico que se desprazou ao lugar dos feitos atendeu ao ferido dunha fractura nasal e un hematoma nun ollo. Ademais, foi trasladado en ambulancia ao HULA.

O presunto agresor foi trasladado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias por parte do Xulgado de Garda.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...