InicioSucesosUnha persoa ferida na colisión entre un turismo e un autobús na...

Unha persoa ferida na colisión entre un turismo e un autobús na A-8 á altura de Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión entre un coche e un autobús, na A-8 ao seu paso pola localidade de Vilalba, saldouse cun dos ocupantes do turismo ferido, pero sen que sufrisen danos os 35 pasaxeiros do coche de liña.

Así o informou o 112 Galicia, que indica que o sinistro tivo lugar no punto quilométrico 567 da A-8, en sentido Asturias, ás 17,00 horas. Nese momento, unha persona que viaxaba no autobús alertaba do accidente ao 112 Galicia, indicando que non había feridos entre os pasaxeiros do autobús pero si no turismo.

Enseguida, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vilalba.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...