InicioPolíticaRubén Arroxo denuncia ante a Policía Nacional ameazas de morte en Facebook

Rubén Arroxo denuncia ante a Policía Nacional ameazas de morte en Facebook

"Vou por eles e mesmo son capaz de cortarlle o pescozo a ese fillo de puta do Bloque, que o pense que non sabe o que lle espera" , dicía un dos comentarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro tenente de alcaldesa e portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, denunciou este xoves ante a comisaría da Policía Nacional da cidade recibir ameazas de morte a través das redes sociais.

En concreto, tal e como reflicte unha captura de pantalla difundida polo dirixente nacionalista, atopouse no seu perfil de Facebook con dous comentarios –con erros ortográficos– como o que segue: “Falta o carril bici e as árbores que tallaron que dicían os terroristas do BNG que non ía tallar ningunha árbore e os aparcadoiros que uns de puta que son, había que linchar ao Rubén Arroxo”.

Outro dos comentarios dicía: “Vou por eles e mesmo son capaz de cortarlle o pescozo a ese fillo de puta do Bloque, que o pense que non sabe o que lle espera”. O propio portavoz nacionalista confirmou que ditas ameazas as recibiu o mércores “pola noite”. “Xa van varias este ano e só pola actividade que estamos a facer desde o Concello de Lugo”, engadiu.

Neste contexto, Arroxo advertiu que non van consentir que “por unha cuestión ideolóxica” o sigan ameazando de morte. Por todo iso, acudiu á Comisaría a denunciar para que a Policía e a xustiza “fagan o seu traballo”.

“Hai que parar a todas as persoas que tentan ameazar de morte a outros, simplemente, pola súa forma de pensar”, desexou finalmente o tenente de alcaldesa, quen xa fora vítima anteriormente de pintadas intimidatorias. A pesar de todo, fontes próximas a Arroxo aseguran que está “moi tranquilo”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...