InicioSucesosMultado por circular cun casco de ciclista e borracho nunha moto en...

Multado por circular cun casco de ciclista e borracho nunha moto en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil sorprendeu no termo municipal de Abadín ao condutor dun ciclomotor que circulaba cun casco de ciclista e que obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia.

Segundo informou o Instituto Armado, o individuo foi interceptado á altura do punto quilométrico 3,600 da estrada LU-121 (O Santo-Moncelos), ao seu paso por Abadín. O condutor portaba un casco de ciclista, “o cal carece da correspondente homologación para o vehículo utilizado e que, ademais, atopábase gravemente deteriorado, apreciándose a primeira ollada varias roturas“, destacan as mesmas fontes.

Unha vez interceptado o vehículo, os gardas civís someteron ao condutor, veciño de Abadín, de 38 anos de idade, ás probas reguladas para determinar se puidese atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, nas que obtivo resultado positivo.

Ao comprobar posteriormente a placa de matrícula do ciclomotor, os gardas constataron que este figura de baixa definitiva para a circulación desde o ano 2009, e carece, por tanto, de seguro obrigatorio e ITV, ao que se engade a carencia de espellos retrovisores.

Por estes feitos tramitáronse boletíns de denuncia, que foron remitidos á Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, á vez que se procedeu á inmovilización do vehículo a motor ao non estar autorizada a súa circulación polas vías públicas.

ELEMENTOS HOMOLOGADOS

A Garda Civil lembra a “necesidade e obrigatoriedade” de facer uso dos “preceptivos elementos de seguridade homologados e en adecuadas condicións de conservación”, xa que o non facer uso dos mesmos é constitutivo dunha infracción administrativa que levaría unha sanción económica e, na maior parte dos casos leva aparellada a detracción puntos do crédito asignado ao permiso de condución.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...