InicioSucesosLocalizan ao mozo que ocultou un carriño da limpeza dun empregado municipal...

Localizan ao mozo que ocultou un carriño da limpeza dun empregado municipal en Lugo

O carriño foi localizado aos poucos minutos nunha zona próxima, oculto tras un colector. As mesmas fontes indicaron que o empregado entendeu que era unha "canallada" e non presentou denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo localizaron a un mozo que levou e ocultou o carriño da limpeza dun empregado municipal do servizo. O mozo alegou que tiña que limpar toda a cidade.

Segundo relatou a Policía Local, durante a tarde do pasado luns unha patrulla de Policía de Barrio foi requirida por un empregado da empresa de limpeza, que manifestou que un mozo se levou o carriño que empregaba para limpar na Praza de Santo Domingo e ofreceu unha descrición do mozo.

O carriño foi localizado aos poucos minutos nunha zona próxima, oculto tras un colector. As mesmas fontes indicaron que o empregado entendeu que era unha “canallada” e non presentou denuncia.

Os axentes mobilizados continuaron coa procura do novo, que foi localizado máis tarde na rúa Raíña. Recoñeceu os feitos e manifestou, destacou a Policía Local, “que era o encargado da limpeza de Lugo e que tiña que limpar toda a cidade”.

Tras iso, a Policía Local puxo os feitos en coñecemento dos Servizos Sociais para que leve a cabo “unha valoración de se o mozo necesita algún tipo de asistencia”.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...