Detido en Vilalba por golpear os parabrisas de 13 coches co tronco dunha árbore

O detido foi posto a disposición do titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba.

A Garda Civil intecepta un condutor. GARDA CIVIL

A Garda Civil detivo este xoves na localidade lucense de Vilalba un veciño deste municipio como presunto autor dun delito continuado de danos por causar danos de diversa consideración en 13 vehículos.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado día 5, cando o presunto autor co tronco dunha árbore golpeou os parabrisas de 13 vehículos estacionados en céntricas rúas da localidade chairega.

Os danos causados consistiron en fractura dos parabrisas dianteiros e nos marcos, valorado o total dos danos en 15.000 euros. O detido foi posto a disposición do titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba.