InicioLugo e contornaDetidas tres mulleres por obrigar unha menor a exercer a prostitución en...

Detidas tres mulleres por obrigar unha menor a exercer a prostitución en Lugo

O operativo policial desenvolveuse durante a madrugada do domingo ao luns, "sobre as catro da mañá", cando os axentes "liberaron" a vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo tres mulleres, nun primeiro momento a dúas e este pasado mércores a unha terceira, de orixe brasileira todas elas, por reter unha menor e obrigala a exercer a prostitución nun piso da cidade de Lugo.

O portavoz policial, José Manuel González, concretou este xoves que ascenden así a tres as detidas, dúas delas xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 1, que decretou o ingreso destas dúas mulleres en prisión.

O operativo policial desenvolveuse durante a madrugada do domingo ao luns, “sobre as catro da mañá”, cando os axentes “liberaron” á menor que agora, casualmente, acaba de cumprir a maioría de idade, explicou.

Foi unha “persoa que andaba pola rúa, que parou a unha patrulla e lle indicou o que estaba a pasar, que recibira unha chamada telefónica dunha amiga que lle dixo que estaba a ser forzada a exercer a prostitución nun piso” de Lugo, detalla o portavoz policial.

Unha vez alertados, a Policia relatou que “se puideron constatar eses feitos e detívose a dúas persoas”. Iso o mesmo día da actuación policial porque agora ascenden a tres as mulleres investigadas.

DÚAS A PRISIÓN

Dúas das detidas xa pasaron a disposición xudicial e “decretouse o ingreso en prisión e a terceira detida pasará este xoves a disposición da autoridade xudicial”. A Policía Nacional non pechou aínda esta investigación que partiu da denuncia dun amigo da menor coa que mantiña contacto periódico.

Esta é a segunda operación destas características que se desenvolve esta semana en Galicia, despois de que a Policía Nacional detivese 14 persoas e liberase a tres vítimas tras desarticular unha organización dedicada á explotación sexual en clubs de alterne e casas de citas na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...