InicioLugo e contornaDenunciado por romper o cristal dun portal en Lugo por "un tema...

Denunciado por romper o cristal dun portal en Lugo por “un tema de mozas”

A Policía Local de Lugo instruíu dilixencias a un individuo por romper o cristal dun portal, quen xustificou que propinara golpes "por un tema de mozas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo instruíu dilixencias a un individuo por romper o cristal dun portal, quen xustificou que propinara golpes “por un tema de mozas”. Segundo relatou a Policía Local de Lugo, sobre as 00,45 horas deste 24 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de servizo na rúa Pintor Villamil foi requirida por un operario de Urbaser, que manifestou que un individuo fracturara o cristal dun portal.

Os axentes mobilizados realizaron unha batida pola zona e localizaron ao presunto autor do feito oculto sentado entre dous coches aparcados, polo que procederon á súa identificación. Os policías observaron que o individuo sangraba por unha man, supostamente polo impacto contra a porta, ante o que manifestou que “viña dando golpes contra as paredes por un tema de mozas”, destacan as mesmas fontes municipais.

Por iso, os axentes realizaron as xestións para informar o propietario da casa danada e instruíronse dilixencias para o xulgado de garda por estes feitos.

DETENCIÓN

Por outra banda, axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de Radiopatrullas, detiveron a dous homes de 18 e 22 anos de idade con antecedentes por un delito de roubo con violencia tras subtraer o teléfono móbil a un mozo e agredilo cando tentou recuperalo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron na noite do sábado na zona de lecer do centro da capital luguesa cando un mozo que estaba no exterior dun local foi abordado por un dos detidos posteriormente, o cal lle solicitou un cigarro.

Á vez que se lle achegou, relatan as mesmas fontes, manipulou o peto da vítima, do que colleu o terminal de telefonía móbil, saíu á carreira do lugar, a vítima perseguiuno e alcanzouno uns metros despois. “Pero alí estaban outras tres persoas que dan cobertura ao ladrón, tendo que soltalo e sendo agredido por un deles, o agora tamén detido”, destaca a Policía, que engade que despois fuxiron os autores do feito do lugar.

Xa coas dotacións policiais no lugar e a descrición achegada, foron localizados noutra zona de lecer da cidade os dous autores materiais do roubo con violencia, que foron detidos por un delito de roubo con violencia.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...