InicioSucesosInterceptado un condutor de 17 anos nun coche con ITV caducada en...

Interceptado un condutor de 17 anos nun coche con ITV caducada en Lugo

Os axentes municipais contactaron coa familia do mozo e a Unidade de Atestados instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor menor de idade, de 17 anos, que carece de permiso de conducir, ao volante dun vehículo que, ademais, non pasara a ITV en prazo.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 16,15 horas do pasado 2 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou a “circulación irregular” dun vehículo pola rúa San Roque.

Ao darlle o alto, os axentes comprobaron que era conducido por un mozo menor de idade, de 17 anos, e que, ademais, o vehículo “non pasara a ITV no prazo debido”.

Os axentes municipais contactaron cos pais do menor e a Unidade de Atestados instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria ao carecer de autorización administrativa para conducir por non obtela nunca. Ademais, o vehículo foi inmobilizado.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....