InicioSucesosDetido un mozo por golpear e cortar cunha botella rota a outro

Detido un mozo por golpear e cortar cunha botella rota a outro

Tamén foi detida a súa parella por patear a vítima mentres estaba no chan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, detiveron a un home de 25 anos por un delito de homicidio en grao de tentativa tras agredir a outro mozo despois dunha discusión. E foi imputada a súa parella por un delito de lesións leves por participar na agresión.

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos ocorreron na zona centro da cidade o pasado 3 de abril, cando se produciu unha discusión entre un home e unha parella.

O home foi agredido polo outro home cunha botella de cristal, “primeiro golpeándoo na cabeza para despois coa parte rota da mesma cortalo á altura do pescozo”, concreta a Policía, e ao caer ao chan continuou “golpeándoo xunto coa muller que acompañaba ao agresor”, engade.

Unha vez se personaron no lugar efectivos da Policía Nacional, os agresores xa non se achaban na zona, polo que axentes procederon a proporcionar os primeiros auxilios á vítima e a solicitar os testemuños dos transeúntes.

As mesmas fontes policiais puntualizaron que despois de ser golpeado e tirado ao chan o home agredido, “os agresores continuaron ata decatarse da chegada da Policía”. A vítima, agregan, “perdeu unha gran cantidade de sangue” e tivo que ser “intervida de urxencia”.

LOCALIZADOS

Deste xeito, froito das declaracións, os investigadores puideron identificar os agresores. Así, este pasado mércores foron localizados e detido por un delito de homicidio en grao de tentativa o presunto autor dos feitos, que se atopa no país en estancia irregular, destaca a Policía.

Pola súa banda, imputouse á muller parella do arrestado un delito de lesións leves polos golpes propinados á vítima unha vez que estaba no chan pola súa banda.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...