InicioSucesosDetido un home por agredir cunha navalla a outro nun local en...

Detido un home por agredir cunha navalla a outro nun local en Lugo

Tratou de ocultar a arma utilizada baixo un turismo estacionado na rúa tras fuxir do lugar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron un home, de 42 anos e con antecedentes, por un delito de lesións graves en relación á agresión a outra persoa cunha navalla nun local de lecer, tras o que fuxiu do lugar.

Segundo informou a Policía Nacional, na madrugada do sábado ao domingo recibiuse chamada da sala do 091 sobre unha agresión nun local de lecer da Avenida Fontiñas. No lugar, axentes observaron que un home estaba ferido con tres feridas punzantes no abdome.

Por iso, en primeiro lugar procederon a prestarlle asistencia sanitaria, á vez que se requiriron datos do ocorrido. Testemuñas manifestaron que estaba dentro do local con outras dúas persoas e que saíron xuntos ao exterior, onde ao “ir ver o que ocorría fóra, xa que escoitaron algo de balbordo, puideron ver a este home, ferido e cun dos acompañantes”. Tras iso, o agresor ausentouse do lugar.

Coa descrición achegada polas testemuñas, estableceuse un dispositivo de procura, que levou á localización dunha persoa que concordaba cos datos descritos, na contorna da rúa Mariña Española. Este individuo, ao verse seguido pola patrulla da Policía Nacional, tratou de marchar do lugar e, nun momento, agachouse xunto a un coche, tras o que continuou a marcha, para ser finalmente interceptado e identificado.

Ao tempo, outros indicativos policiais fixeron unha requisa do lugar por onde camiñaba o agora detido e atoparon unha navalla baixo o vehículo onde parara este home.

OUTRO DETIDO

Con todos os datos solicitados e, destaca a Policía, os “indicios firmes da autoría” das feridas por parte da persoa que foi interceptada pola patrulla, procedeuse á súa detención e traslado a dependencias policiais para tramitar o correspondente atestado. Ademais, a Policía Nacional destacou que xunto a el foi detido un acompañante que tiña unha orde de afastamento do lugar onde se atopaban.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...