InicioSucesosMorren dous cabalos nun choque contra un turismo en Begonte

Morren dous cabalos nun choque contra un turismo en Begonte

Os ocupantes do vehículo non resultaron feridos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O choque dun turismo contra dous cabalos que irromperon na vía rexistrado na madrugada deste martes no municipio de Begonte provocou a morte dos animais. Así o informou o 112 Galicia, que relatou que tivo constancia dos feitos sobre as 5,00 horas deste mércores a través da chamada dun particular que circulaba pola estrada LU-111.

No seu relato, indicou que atopara un accidente á altura do punto quilométrico 5, ao seu paso pola parroquia de Damil, en Begonte. Ademais, sinalou que os ocupantes do vehículo estaban en bo estado de saúde, pero que os animais se atopaban tendidos na calzada.

Minutos antes, a central de emerxencias galega recibiu o aviso doutro particular que informou da presenza dun grupo de equinos nas proximidades de Begonte. Para realizar a limpeza da vía e restablecer as condicións de seguridade, por parte do 112 pasouse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao equipo da Axencia Galega de Infraestruturas.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...