InicioAncaresBecerreáInvestigan a unha moza de Becerreá por usar o pasaporte covid doutra...

Investigan a unha moza de Becerreá por usar o pasaporte covid doutra persoa

A rapaza serviuse do documento para entrar a un local na noite de Reis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a unha moza de Becerreá como presunta autora dun delito de falsidade en documento público, ao utilizar un ‘pasaporte Covid’ falso para acceder a un local de lecer na pasada noite de Reis. Así, na noite do 5 ao 6 de xaneiro, efectivos da Garda Civil fixeron unha inspección rutinaria nun establecemento de lecer e solicitáronlle o ‘pasaporte Covid’, dado que é obrigatoria a súa presentación para acceder a este tipo de locais.

A moza mostrou aos axentes un ‘pasaporte’ con aparencia de legalidade, posto que tiña o mesmo formato que un orixinal pero, ao comprobar a súa autenticidade, evidenciouse que era falso, xa que á moza non lle constaba pauta de vacinación algunha. Segundo explicaron fontes do Instituto Armado, o que exhibiu a investigada era un documento que tiña o persoal do certificado orixinal, no que se modificaron os datos de filiación e data de nacemento. Deste xeito, ao ser escaneado o código QR, aparecían os datos doutra persoa.

A investigada foi posta a disposición xudicial este mércores e as pescudas continúan abertas, xa que a Garda Civil sospeita que outros mozos que acoden este local de lecer poderían estar a utilizar o mesmo ‘modus operandi’.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...