InicioSucesosDenunciado un reincidente por ouriñar contra a Muralla romana de Lugo

Denunciado un reincidente por ouriñar contra a Muralla romana de Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un mozo este luns por desobedecer aos municipais que lle instaron a porse a máscara na rúa cando estaba xunto a outra persoa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron este pasado fin de semana a un individuo reincidente por ouriñar contra a Muralla romana da capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local, ás 00,00 horas do pasado sábado un individuo foi denunciado por ouriñar na vía pública, tras ser sorprendido por axentes cando o facía contra o monumento romano. As mesmas fontes municipais destacan que este individuo xa fora denunciado polos mesmos feitos en días anteriores.

ROUPA SUBTRAÍDA

Por outra banda, a Policía Local ás 17,40 horas do sábado trasladou unha patrulla ao centro comercial das Termas onde persoal dun dos establecementos de roupa sorprendera a unha muller que subtraía varias pezas.

Foi retida polo vixiante de seguridade ata a chegada dos policías municipais, que procederon á súa identificación. A muller explicou que ía acompañada de varios menores e que eles foron os que introduciron as pezas na bolsa sen o seu coñecemento. Con todo o actuado iniciáronse dilixencias, xa que a encargada da tenda manifestou a súa intención de formalizar denuncia pola subtracción.

DENUNCIA POR DESOBEDECER E NON POÑER A MÁSCARA

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un mozo este luns por desobedecer aos municipais que lle instaron a porse a máscara na rúa cando estaba xunto a outra persoa.

Segundo relatou a Policía Local, ás 00,05 horas deste luns axentes de Policía de Barrio observaron a presenza de dúas persoas na rúa Reiseñor, unha das cales non levaba a máscara obrigatoria, a pesar de “non permanecer a suficiente distancia de seguridade da outra”.

Por ese motivo, o mozo foi identificado e denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia. A este individuo, ademais, advertíronlle de que o uso da máscara é obrigatorio, ao que respondeu, indican as mesmas fontes policiais, “que xa a porá, pero que en canto se vaia a Policía volveraa a quitar”.

Ante a insistencia dos axentes, o mozo púxose a máscara, pero cando os policías se ausentaban do lugar observaron como o mozo denunciado, que seguín xunto a outra persoa, “quitábase a máscara de novo”. Por iso, foi denunciado por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por desobediencia aos axentes da autoridade.

FOLLAS DE RECLAMACIÓN

Por outra banda, durante a mañá do pasado sábado 22 de xaneiro axentes de Policía de Barrio acudiron a un establecemento de hostalaría de Camiño Real porque se negaban a facilitar as follas de reclamación a unha clienta.

Unha vez no lugar, os policías puxéronse en contacto coa requiriente do servizo, quen manifestou que se negaban a servirlle unha segunda consumición e a facilitarlle as follas de reclamacións.

As mesmas fontes sinalaron que o persoal do establecemento explicou aos axentes que se negaron a servir de novo a esa clienta porque “tiraba a comida da tapa no chan para que lla comesen as pombas”, apuntan, coas “consecuentes molestias para o resto de clientes”. Finalmente facilitaron as follas de reclamacións á muller.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...